Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Falece na Arxentina o xornalista Xusto Piñeiro Soliño, fundador e director de Val Miñor - Radio.

Falece na Arxentina o xornalista Xusto Piñeiro Soliño, fundador e director de Val Miñor - Radio.

Correo-e Imprimir PDF
Xusto Pinheiro

No mediodía do venres tivo lugar en Bos Aires o pasamento do xornalista Xusto Piñeiro Soliño, fundador e director de Val Miñor- Radio, medio de difusión miñorano ao servizo do colectivo de galegos na Arxentina. Os seus restos están a ser velados nun tanatorio do barrio Ramos Mejía, na provincia de Bos Aires e posteriormente serán cremados.


Xusto Piñeiro Soliño naceu o 23 de outubro de 1945 en Cangas do Morrazo. Emigrou aos once anos xunto cos seus país á Arxentina. Retornou en varias oportunidades á súa Galicia natal e o ano pasado fixo a súa derradeira visita ao Val Miñor.
Fundador e director de Radio Val Miñor Digital, inaugurada o 27 de outubro de 2010, primeira emisora dun centro galego e español na Arxentina.