Martes, 18 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Derrube do bipartidismo e irrupción de Podemos. #europaARV

Derrube do bipartidismo e irrupción de Podemos. #europaARV

Correo-e Imprimir PDF
Parlamento Europeo

Os resultados oficiais das eleccións europeas arroxan un derrube do bipartidismo: o PP queda con 16 eurodeputados fronte aos 24 que conseguiu en 2009 e o PSOE cae a 14 representantes fronte aos 23 que tiñan até agora.

Podemos irrompe con forza no Parlamento Europeo e consegue 5 eurodeputados nos primeiros comicios . A Esquerda Plural experimenta un incremento e sitúase con 6 escanos fronte aos dous que a lista encabezada por Willy Meyer obtivo fai cinco anos.

UPyD tamén sobe con forza e pasa dun representante a catro. CEU (CiU e Pnv) queda con tres. EPDD obtén dous eurodeputados e Cidadáns tamén. Cun diputado quedan LPD e Primavera Europea.

Vox e PACMA quedan fóra do Parlamento Europeo. O partido de Elpidio Silva, cun 0,67% dos votos, supera ao Partido X, con 0,63% dos votos.

Fonte . Eldiario.es

Actualización. 

Datos de Galicia, con máis do 98 escrutado, o PP gaña con máis do 35%, o PSOE suma máis do 21%; AGE 10,5%; Podemos 8,33%; o BNG o 7,9 e UPyD 3,7%.

Fonte. Galicia Confidencial