Martes, 18 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Os jeans non se lavan! di o CEO de Levi’s

Os jeans non se lavan! di o CEO de Levi’s

Correo-e Imprimir PDF
Ecologiablog pantalonesvaquerosjeans

O número uno da marca que inventou os vaqueros, declarou que se pode axudar a salvar o mundo si non se lavan os jeans.
"Estes jeans ten xa como un ano e aínda non foron lavados nin unha"vez , dixo Chip Bergh, o presidente executivo de Levi Strauss & Co, mentres sinalaba o par de pantalóns que vestía durante unha entrevista que lle fixeron nunha conferencia organizada pola revista Fortune. Agregou que os jeans deben lavarse moi pouco, ademais de suxerir que o mellor é limpar manchas específicas e airealos.

Para Bergh o problema é o consumo de auga. Necesítase case tanta auga para lavar un jean como para fabricalo, explicou o executivo en base a investigacións que fixo a compañía. Levi´s está tratando de utilizar menos auga no proceso de tinguido dos pantalóns. Hai pouco tempo lanzou unha liña a chamada WaterLess jeans (jeans sen auga), que utiliza menor cantidade de auga no proceso de produción.
Tal como informa o xornal Washington Post, Levi´s sempre aconsellou lavar pouco aos jeans e ata suxeriu que llos pode meter no freezer, o que axudaría a neutralizar malos cheiros e disimular certas manchas como as de café.
O conxelado de jeans converteuse en toda unha tendencia nos últimos tempos. Ata existen manuais. Segundo un artigo publicado por CNN, a ciencia asegura que a teoría do freezer para limpar de bacterias a un jean, é un mito. En cambio, o microondas podería ser máis efectivo á hora de buscar algo de limpeza sen auga. Stephen Craig Cary, un experto en microbios conxelados da Universidade de Delaware, suxire subirlles a temperatura aos jeans ata 121 grados Celsius durante polo menos 10 minutos, ou directamente hai que lavalos. "Lavalos é a mellor alternativa para aforrar enerxía", agregou segundo CNN.