A publicación do chamamento realizado o pasado domingo permitiu identificar xa aos 30 rapaces da fotografía fronte á escola pública de Nigrán en 1971. “Encantaríame que os lectores de VM.info me axudasen a identificalos e localizalos para poder xuntarnos de novo e repetir esta fotografía antes de que o Concello derrube a nosa escola”,explicaba Xoaquín Gómez, promotor da iniciativa. Dende VM.info creouse unha conta de correo ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ) e deuselle impulso nas redes sociais para acadar a colaboración dos lectores. O desexo de Xoaquín cumpríase en menos de 24 horas.
Os trinta da foto
No centro o mestre Humberto Juanes Fidalgo (falecido) e seguindo a numeración da fotografía:
- Jorge Sanromán
- Jose Luis Fernardez Juste (“O Siricho”)
- Jose Angel (das Angustias – agora vive en Tomiño)
- Jose Carlos Guisande (“O Rato”) (A Lagoiña)
- Manolo Casas ( Falecido)
- Carlos Trabazos
- Xosé Xaquín Gómez
- O Butano (Fillo de Rafael “O Poceiro”)
- Esmeraldito “O Ferreiro”
- Eugenio
- Fernando Bravo
- Santiago Rodriguez (Falecido)
- Berto Iglesias do Ceán
- Secundino (“O Maia”)
- Efrén Juanes
- Jose Antonio (“O Burras”)
- Horacio Alejos
- Álvaro Pereira
- Magín
- José Manuel Fernández Parra (Falecido)
- Juan Antonio (O Neno)
- Guillermo Quintas (Falecido)
- Carlos Perez Mendez
- Rogelio Da Costa "Tito"
- Julio Rocha
- Quico do Ceán
- Juan Alejos
- Luis “O Casas”
- Oscar (“Oco”)(Falecido)
- José Caldeiro
Xoaquín estima que en dez días tería contactado a todos os "rapaces" da imaxe que aínda viven. A idea é repetir esa fotografía nunha xornada para confraternizar cunha comida todos xuntos.
A escola de Nigrán.
O antigo edificio da escola de Nigrán está situado na estrada que une o edificio do Concello e o Colexio de Vilameán. A casa pasou de ser escola pública, casa dos mestres, escola de xadrez, aula de informática, central de Protección Civil ..,dende fai anos a vivenda e a aula non teñen ningún uso e segundo sinalou o alcalde no último pleno a intención é derrubala porque así o "recomendan os informes técnicos" aínda que sinalou que a decisión do derrube non está tomada. Antes do mesmo, Xaquín agarda poder reunir a todos os seus amigos de clase para facer esa última foto 43 anos despois.