Martes, 18 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Resultados da II Carreira a prol da “Corresponsabilidade” en #Gondomar.

Resultados da II Carreira a prol da “Corresponsabilidade” en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
carrerreira-corresponsabili

-Un total de 111 alumnos e alumnas da ESO participaron na "II Carreira a prol da Corresponsabilidade" para conmemorar o Día Internacional da Muller
- María Costas e Álex Estevez, do IES Auga da Laxe, foron os gañadores da proba
O pasado venres 7 de marzo, o Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Igualdade, organizou a II Carreira a prol da "Corresponsabilidade" para conmemorar o do Día Internacional da Muller. A actividade dividiuse en dúas probas: a carreira e un concurso.

A carreira, na que participaron un total de 111 alumnos de 3º da ESO dos institutos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio, deu comezo ao redor das 12.20 horas e percorreu as principais rúas do Concello
Divididos en parellas, os participantes deberon realizar o percorrido unidos entre si mediante unha goma nos pes e outra nas mans, para así promover a colaboración entre eles.
As tres parellas gañadoras desta primeira proba foron:
- María Costas Rodríguez e Álex Estevez Álvarez do IES Auga da Laxe
- Noa Costas Martín e Adrián Fernández Álvarez do IES Terra de Turonio
- Paula García Lago e Miguel Comez Plasencia do IES Terra de Turonio
Tras superar a primeira actividade, as tres parellas pasaron á gran final onde, reunidos os 111 participantes, se desenvolveu o Concurso a prol da "Corresponsabilidade", resultando vencedora a parella formada por María Costas Rodríguez e Álex Estevez Álvarez do IES Auga da Laxe.