Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O domingo 2 de marzo terá lugar o “Gran Desfile de Comparsas” do Entroido de Gondomar.

O domingo 2 de marzo terá lugar o “Gran Desfile de Comparsas” do Entroido de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
comparsa-manhufe

-O Concello de Gondomar acordou este martes as bases reguladoras do concurso de comparsas e carrozas do Entroido 2014 presentada polo concelleiro de Cultura, Ignacio Troncoso , que contará este ano cun premio de 700€ para o grupo gañador, 600€ e 500€ para o 2º e 3º, doce axudas por valor de 400€ para comparsas e un premio especial de 300€ para a mellor carroza.
-As inscricións para as comparsas interesadas en participar están abertas ata o 15 de febreiro e poden descargarse ao final deste artigo.
-O "Gran Desfile de Comparsas" do Entroido 2014 terá lugar o domingo 2 de marzo a partir das 16 horas.

O regulamento establece entre varios requisitos formais, que as agrupacións conten cun mínimo de 20 adultos. Para participar do desfile deberán inscribirse no Rexistro do Concello en horario de atención ao público ata o próximo sábado 15 de febreiro ás 13 horas.
As comparsas participantes serán convocadas o martes 25 de febreiro ás 20 horas na Casa da Cultura de Gondomar onde serán informadas dos pormenores do desfile e as normas do concurso.
Segundo as bases por razoes de seguridade neste desfile non será permitido empregar cabalos nin outras monturas nin a participación de animais.
Descargar resolución do Concello de Gondomar
Descargar Bases
Descargar anexo I das Bases
Descargar ficha de inscrición para comparsas