Martes, 18 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Buscan a un home desaparecido na parroquia de Estás en Tomiño

Buscan a un home desaparecido na parroquia de Estás en Tomiño

Correo-e Imprimir PDF
scale

-O home, de 79 anos, non regresou onte á súa casa tras saír a pasear
A familia coa que reside desde hai 30 anos, José Álvarez Vila, búscalle desesperadamente desde onte ao mediodía. A esa hora saíu do seu domicilio na parroquia tomiñesa de Estás e xa non regresou. Adoitaba pasear durante horas pero a familia desconfiou ao ver que anoitecía e non volvía. A Garda Civil peitea a zona en colaboración coa policía local. A familia cre que se desorientou e teme que se accidentara. Mide 1,50 metros, é introvertido e viste pantalón gris, chaqueta polar de cadros, visera amarela e lentes de pasta negra. Calquera dato pode ser notificado ao 062. A familia agradece a colaboración cidadá.