Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Cunha xornada de xogos populares pecha o campamento de Nadal no CEIP Chano Piñeiro de Gondomar.

Cunha xornada de xogos populares pecha o campamento de Nadal no CEIP Chano Piñeiro de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
gondonadal-2013

- O campamento GONDONADAL, organizado polo Concello de Gondomar, desenvolveuse dende o pasado 23 de decembro coa participaron 30 nenos e nenas de entre 3 e 8 anos nas instalacións do CEIP Chano Piñeiro.


O alcalde de Gondomar,Fernando Guitián, acompañado pola concelleira de Igualdade, Patricia Durán, clausurou, esta mañá, no CEIP Chano Piñeiro o GONDONADAL, un programa de ocio e tempo libre posto en marcha pola Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller, e no que participaron 30 nenos e nenas de entre 3 e 8 anos.
Neste último día do GONDONADA houbo diversión para todos. Dende as 12.30 e ata as 13.30 horas; nenos, pais e avós puideron participar xuntos na realización de diversos xogos populares como a corda, carreiras de sacos, zancos, etc...
Segundo explican as autoridades municipais, o programa propón favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares de Nadal, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral dos cativos cunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do ámbito próximo, dende unha pedagoxía do ocio baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.
Actividades
Durante estas semanas, os cativos participaron en numerosas actividades lúdicas baixo a supervisión de tres monitoras. Talleres de manualidades, cociña, peiteado, artesanía ou música son algunhas das actividades que conformaron o programa do GONDANDAL. .
Tampouco faltaron as actividades propiamente do Nadal. Os participantes tiveron a oportunidade de fabricar o seu propio boneco de "neve", aínda que este fose de barro, visitaron o Belén Vivente do municipio e realizaron adornos para as súas casas. Para pechar o ano, o campamento celebrou obradoiros de maquillaxe e peiteado.
A concelleira de Igualdade, Patricia Durán, manifestou o seu agradecemento ao CEIP Chano Piñeiro, por que brinden as súas instalacións para o desenvolvemento do campamento, así como a todos os que participaron e fixeron posible esta edición do GONDONADAL.