Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O temporal previsto para a fin de semana obriga a modificar o percorrido da Cabalgata de Reis en Nigrán.

O temporal previsto para a fin de semana obriga a modificar o percorrido da Cabalgata de Reis en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán informa que as previsións meteorolóxicas previstas para este fin de semana obrigan a modificar a planificación orixinal da Cabalgata de Reis, prevista para este domingo 5 de xaneiro, coa eliminación da ruta previa polas sete parroquias do municipio.


Xa que logo, aínda que a expensas das condicións climatológicas do próximo domingo, a Comitiva Real partirá desde a Casa Consistorial ás 17.30 horas en dirección ao Pavillón Municipal de Panxón, onde os Reis Magos recibirán a todos os nenos e nenas presentes.
Percorrido previsto
Así, a cabalgata sairá ás 17.30 horas desde a Avda. Castelao, á altura do novo edificio do concello. De aí partirá cara a Panxón, ata a Rúa Arquitecto Palacios, para seguir pola Rúa Jesús Espinosa, e baixar despois pola Rúa Mariñeiro, ata o Paseo Marítimo. No último tramo do percorrido, a cabalgata subirá ata a Rúa Cidade de Vigo pola Rúa Gaifar, desde onde os Reis Magos accederán ao interior do pavillón para recibir as peticións dos máis pequenos.
Cortes de tráfico
O goberno municipal recorda que o tráfico rodado cortarase a medida que a cabalgata vaia avanzando no seu percorrido. Así mesmo, informa que se restrinxirá o acceso á contorna do Pavillón Municipal de Panxón a partir das 17.00 horas, acoutando o tráfico na Rúa Arquitecto Palacios e Cidade de Vigo, coa habilitación de desvíos provisionais pola Rúa Baiona Real e Gondomar en dirección á Estrada pola Vía, respectivamente.