Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Inscricións abertas para as xornadas en Priegue sobre fauna mariña ameazada.

Inscricións abertas para as xornadas en Priegue sobre fauna mariña ameazada.

Correo-e Imprimir PDF
cemma arroaz

-O evento de divulgación medioambiental terá lugar os días venres 20 e sábado 21 de decembro no auditorio do C.R.C. "O Torreiro" de Priegue (Nigrán), con carácter gratuíto previa inscrición no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Os por que dos varamentos masivos, os programas para superar a situación de vulnerabilidade das aves mariña nas costas do Val Miñor e o Baixo Miño, así como a problemática ecolóxica que enfrontan os arroaces serán algunhas das temáticas que se desenvolverán durante as "Xornadas de divulgación medioambiental. Fauna mariña ameazada: monitorización, asistencia e conservación", que organiza o Grupo de Acción Costeira (GAC -7 Ría de Vigo - A Guarda) os días 20 e 21 de decembro no auditorio de "O Torreiro" de Priegue (O Torreiro, 2 - Nigrán).
A apertura das Xornadas terán lugar o venres 20 ás 16:45h por parte de representantes do GAC-7. A continuación o especialista Toño Vázquez (SEC) presentará mostraxes de fauna mariña a través das técnicas de modelización espacial e transecto lineal. Manuel Ángel Pombal da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), presentará os traballos de conservación das aves coñecidas como pillara das dunas (en situación de vulnerabilidade) que se están a desenvolver no Val Miñor e o Baixo Miño. O especialista Xulio Valeiras achegará experiencias de monitorización costeira de cetáceos e aves mariñas. Pechará a primeira xornada, unha palestra sobre a ecoloxía do arroaz nas augas de Galicia, a cargo de Ruth Fernández.
O sábado o biólogo Alfredo López da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) dará a coñecer os resultados dos estudos sobre varamentos masivos a partir das 10h da mañá. Posteriormente Marisa Ferreira achegará os traballos de recuperación de fauna mariña que está a desenvolver o Centro de Reabilitaçao de Animais Mariños de Quiaios (CRAM-Q), localizado nesta freguesía marítima (Figueira da Foz - Coimbra). A continuación Luis Laria, Pablo Covelo e José Vignada trazarán unha guía das redes de varamento do NW peninsular.
O evento rematará cunha mesa redonda sobre a conservación, monitorización, custodia do territorio, turismo e voluntariado na que participarán a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), ANABAM, CEMMA, a Coordinadora para el Estudio y la Protección de las Especies Marinas (CEPESMA), Intramar e o SPVS