Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Mañufe bota andar unha campaña solidaria a prol do banco de alimentos de Gondomar

Mañufe bota andar unha campaña solidaria a prol do banco de alimentos de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
centro-cultural-manhufe

Os veciños da parroquia agrupados na Asociación Cultural San Vicente de Mañufe están a recoller alimentos ca fin de fornecer o banco solidario que xestiona o Concello de Gondomar. A tal fin reciben achegas no Centro Cultural de Mañufe ata o vindeiro mércores 25 de decembro cando entregarán o recollido á Concellería de Benestar Social do municipio.

Aceites, legumes e conservas son os produtos máis demandados para contribuír a apañar a difícil situación pola que atravesan centos de gondomareños que hoxe en día se ven na necesidade de recorrer a este servizo asistencial. Igualmente, dende a A.C. San Vicente de Mañufe salientan que calquera outro alimento non perecedoiro tamén é benvido.
As achegas deben depositarse no edificio do Centro Cultural situado a poucos metros do Pazo da Escola e fronte á igrexa parroquial de Mañufe.
Esta campaña únese a outras desenvolvidas por distintos colectivos das parroquias de Gondomar que no 2013 foron colaborando no mantemento do banco de alimentos municipal, fornecedor dunha cobertura de primeira necesidade para moitas familias.