Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A TAP leva gratis viaxeiros galegos ata Porto

A TAP leva gratis viaxeiros galegos ata Porto

Correo-e Imprimir PDF
Un dos avións da TAP/ fe.up.pt

A compañía portuguesa inviste en Madeira como destino turístico e ofrece autobuses gratis desde varias cidades galegas ata o aeroporto de Sa Carneiro.

Mentres en Galicia, Xunta, alcaldes e partídos políticos están liados en leas localistas sobre a importancia de priorizar aos aeroportos de Santiago, Vigo e A Coruña, os veciños portugueses toman ventaxe na batalla polos viaxeiros. A compañía portuguesa TAP acaba de poñer en marcha unha campaña directa para captar ao público galego. Así, promove a illa de Madeira como destino turístico de verán para os galegos. Por iso, en colaboración coa AUTNA, de 1 de Xullo a 30 de Setembro, autobuses regulares da empresa rodoviária farán a conexión entre varias cidades de Galicia e o aeroporto do Porto a custo cero.

Código promocional

Unha campaña agresiva de captación de pasaxeiros que está resultando exitorsa. O único requisito para os galegos é que os pasaxeiros deben só realizar a reservas no sitio web da AUTNA, inserindo o número do voo como código promocional. A bordo dos autobuses, os pasaxeiros deben mostrar unha copia dos seus billetes aos condutores e a tarxeta de embarque no regreso. Se non teñen estes documentos, os pasaxeiros deben pagar a tarifa normal da AUTNA.

A compañía portuguesa suliña que este protocolo pretende "atraer máis turistas de Galicia para Portugal e, nomeadamente, para a Madeira", inseríndose no "esforzo promocional do destino realizado continuamente pola TAP".