Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Dirección de Xuventude instalará unha carpa informativa de programas cara a mocidade en Gondomar.

A Dirección de Xuventude instalará unha carpa informativa de programas cara a mocidade en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Gondomar será o primeiro dos corenta concellos onde se instalará a carpa informativa do programa XPLORA XUVENTUDE da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Será o próximo xoves, día 11, na Praza da Alameda de 12.00 a 20.00 horas.

Segundo informa o Concello de Gondomar, persoal da Xunta de Galicia estará a disposición da mocidade para atender as súas demandas e proporcionar asesoramento sobre os recursos e os programas que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten en marcha para todos os mozos e mozas de Galicia nos diferentes ámbitos: programas Iniciativa Xove e Xuventude en Acción, voluntariado xuvenil e ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove e outros carnés destinados á mocidade, entre outros.