Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Aberto o prazo para participar no VII Certame Fotográfico Viaxando

Aberto o prazo para participar no VII Certame Fotográfico Viaxando

Correo-e Imprimir PDF

-A inscrición pecharase o 27 de setembro
-Poden participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos

Dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar, infórmase de que xa está aberto o prazo para participar no VII Certame Fotográfico Viaxando. Todos os mozos e mozas entre 12 a 35 anos que desexen participar neste certame teñen de prazo ata o 27 de setembro para presentar a foto da súa viaxe.
O gañador recibirá como premio unha tablet.
Todos os que desexen participar poderán consultar as bases na súa OMIX máis próxima.
A actividade, organizado polas Oficinas de Información Xuvenil de Gondomar, Tomiño, O Rosal, Salceda de Caselas, Baiona, A Guarda, Porriño e a Casa de Xuventude de Tui, é un certame cuxa traxectoria se afianza ano tras ano, chegando a converterse en todo un referente para a xuventude con interese pola fotografía.
Exposición fotográfica Viaxando
Desde o 19 de xuño e ata o vindeiro 19 de xullo, a Casa Consistorial de Gondomar acolle a exposición fotográfica Viaxando, que recolle 50 instantáneas presentadas polos participantes do VI Certame Fotográfico do pasado ano 2012, entre as que se atopa a gañadora da edición: Lluvia en Oxford Street de Yolanda Gómez Fernández.