Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Últimos días para anotarse nas viaxes do IMSERSO .

Últimos días para anotarse nas viaxes do IMSERSO .

Correo-e Imprimir PDF

A Concellaría de Benestar Social e Sanidade do Concello de Nigrán informa que o IMSERSO iniciou unha nova convocatoria para a presente tempada do Programa de Vacacións para Maiores, entre os que se inclúen diferentes destinos dentro da península e Baleares, Canarias, Circuítos Culturais e Turismo de Natureza.

Para poder participar neste programa débese ter como mínimo 65 anos ou pensionista con 60 anos ou de viuvez con 55 anos cumpridos. Tamén se admiten como acompañantes os fillos con discapacidades cuxo grao de minusvalía sexa igual ou superior ao 45%.
O prazo para presentar as solicitudes termina o vindeiro mércores 10 de xullo. O IMSERSO permite realizar a solicitude online, xa que o proceso é moito máis rápido e pode estar acreditado de maneira inmediata a través da páxina Web www.imserso.es. Máis información no Departamento Municipal de Servizos Sociais de Nigrán, no teléfono 986 365 000, extensión 4, os martes e xoves con cita previa.