Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Medio centenar de escolares de Baiona participan dunha acampada de tres días en Chan da Lagoa.

Medio centenar de escolares de Baiona participan dunha acampada de tres días en Chan da Lagoa.

Correo-e Imprimir PDF

Durante tres días 50 escolares de Baiona participarán dun campamento formativo en Chan da Lagoa. Técnicos da Asociación Ornitolóxica do Val Miñor achegarán o funcionamento de mensaxería utilizado coas pombas e o seu adestramento. Pola súa banda, os cativos tamén contarán coa asistencia de membros da Universidade de Vigo para aprender a orientarse no monte axudados de planos e compás.


A actividade enmárcase na XII Semana Verde, a desenvolverse os días 25,26 e 27 de xuño. A mesma conta coa organización do Concello de Baiona en colaboración con AMPAS dos centros públicos escolares, Protección Civil Val Miñor e a Asociación veciñal de montes de man común de Baíña