Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Multas de 360 euros a sete mozos por repartir folletos contra a Lomce

Multas de 360 euros a sete mozos por repartir folletos contra a Lomce

Correo-e Imprimir PDF
Momento dunha manifestación - ByCCNC Galiza Nova

Galiza Nova denuncia sancións por valor de 360 euros a sete estudantes, catro deles desa formación, por repartir folletos da folga contra a Lomce en maio do 2012. O colectivo nacionalista alega que, a diferenza do que consta na denuncia policial, estas persoas non estaban a participar na manifestación de Vigo, que non fora comunicada, nin tampouco produciron desordes públicas.

Pola contra, aseguran, informaban ós estudantes que subían ao autobús con destino ao campus sobre os motivos da folga, intre no que foron identificados pola Policía Nacional.  O corpo que actuou como denunciante ante a Subdelegación do Goberno.

Galiza Nova rexeita o proceso sancionador «por inxusto e represivo» e denuncia que a Policía Nacional mantivo retidos na rúa durante máis de media hora a estas persoas mentres recollía os seus datos persoais e, sospeita, coa intención de impedir que continuasen informando ao estudiantado que estaba na praza de América sobre a xornada de folga.

Recurso rexeitado

O secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, critica que non se aceptase no seu momento o recurso interposto polos mozos contra a denuncia e lembra que a Policía Local achegouse até o lugar dos feitos con anterioridade á Nacional sen que recriminase aos participantes nos actos motivo de sanción. Lamenta o sucedido e tacha as sancións de «castigo exemplarizante contra quen informa ou protesta contra ou roubo dos nosos dereitos e ataques ao ensino público, como é a contrarreforma educativa».