Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Concellaría de Xuventude de Gondomar abre inscricións para un curso de Fotografía.

A Concellaría de Xuventude de Gondomar abre inscricións para un curso de Fotografía.

Correo-e Imprimir PDF

-Desenvolverase do 8 ao 22 de xullo

- O prazo de inscrición abrirase este luns, día 27

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Gondomar pon en marcha un curso de fotografía dixital destinado a mozos e mozas de 12 a 30 anos. A actividade terá unha duración de 30 horas e será impartida entre o 8 e o 22 de xullo.

Durante a formación, os alumnos adquirirán coñecementos tantos técnicos como prácticos como son as partes dunha cámara, trucos, a luz, o uso do flash ou o retoque dixital. Todo o necesario para sacarlle partido a unha cámara de fotos e poder obter unha imaxe de calidade.

O concelleiro Ignacio Troncoso, responsable da área, sinala que "Todo o que lle guste o mundo da fotografía pode participar neste curso", realizando unha solicitude de inscrición do 27 de maio ao 27 de xuño na OMIX do Concello de Gondomar. Para maior información chamar ao 986.369.746.