Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Artesanía solidaria para a inclusión social no concello de Baiona

Artesanía solidaria para a inclusión social no concello de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
mercado-solidario

As Asociacións Aceesca, Alento, Avelaíña, Cogami, San Xerome e Vontade, organizan en Baiona, Mercado Solidario, para propiciar e fortalecer a inclusión social de persoas con discapacidade.

 

Este venres 13 de xullo ás 18:00 horas terá lugar a inauguración, que reunirá aos representantes das seis asociacións, a responsables das empresas colaboradoras e aos Alcaldes e concelleiras da área de Servizos Sociais dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

A carpa situarase no Parque da Palma en horario de atención ao público de 18:00 a 22:00 horas, entre os días 13 ao 25 de xullo.

O Mercado Solidario

Mercado Solidario é un punto de encontro para as entidades que o integran, como intercambio de experiencias e apoio mutuo, ao mesmo tempo, que trata de sensibilizar á poboación da realidade das persoas con discapacidade.

Desde a súa creación, no ano 2007, converteuse nun punto de encontro de profesionais, usuarios, familiares e achegados, para o intercambio de experiencias e apoio mutuo, estando presente nas feiras e eventos máis importantes da zona sur de Pontevedra

É o segundo ano que Mercado Solidario instálase no Concello de Baiona, e espérase que numerosos turistas, e persoas da zona achéguense a coñecer a artesanía alí exposta.

Os visitantes poderán atopar gran variedade de produtos artesanais, xa que se trata de deseños propios de cerámica, coiro, bixutería, madeira, camisetas e outros artigos téxtiles, realizados nos talleres de cada Asociación.