Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Aberto o prazo de preinscrición nos cursos de lingua galega en Gondomar

Aberto o prazo de preinscrición nos cursos de lingua galega en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Galega

O concello de Gondomar xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organizará proximamente cursos CELGA de lingua galega.

 

O sistema CELGA é o correspondente á certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Configurado mediante distintos niveis de lingua, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa diversos contidos relativos á lingua e comunicación.

Os cursos, terán unha duración de 70 horas lectivas, levaranse a cabo no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar comezando o 16 de abril en horario de 19'30 a 22'00 horas. Os certificados obtéñense mediante un exame que deberá ser superado e que terá lugar en convocatorias da Consellería. Esta proba será de carácter obrigatorio e avaliada por un tribunal; a asistencia aos cursos preparatorios non dá dereito a obter un certificado.

As persoas interesadas poden preinscribirse nalgún destes cursos antes do 26 de xaneiro no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar, Avda. do Conde s/n ou chamando ó teléfono 986 384 020