Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Nigrán: Aberto o prazo de inscricións para obter o CELGA.

Nigrán: Aberto o prazo de inscricións para obter o CELGA.

Correo-e Imprimir PDF
curso-gallego

A concellaría de Promoción empresarial, comercio e emprego, en colaboración coa Consellería de Educación e Orientación Universitaria da Xunta de Galicia abre o prazo de inscricións nos cursos de galego para a obtención dos certificados oficiais acreditativos dos distintos niveis de coñecemento da nosa lingua, coñecidos como CELGA.

 

Estas acción formativas, que terán unha duración de 70 horas, están abertas á participación de todas aquelas persoas interesadas en adquirir ou mellorar coñecementos actualizados sobre o idioma galego. As inscricións poderán realizarse no departamento de emprego municipal ou no Centro Antena (Panxón), até o vindeiro 27 de xaneiro.

Para ampliar esta información as persoas interesadas poden contactar co Concello nos departamento antes indicados ou nos teléfonos 986 36 50 00, extensión 4, e no 986 36 65 72.