Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Aberto o prazo para a inscrición no obradoiro “Conto contigo” na Casa da Cultura de Gondomar.

Aberto o prazo para a inscrición no obradoiro “Conto contigo” na Casa da Cultura de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
igualdad

A Concellería de Igualdade de Gondomar a través do Centro de Información á Muller (CIM) ofrece de xeito gratuíto un obradoiro chamado “CONTO CONTIGO”. Trátase dun proxecto de carácter co-educativo dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 10 anos do concello de Gondomar, e coa implicación e colaboración das nais, pais, avós, avoas…no que se ofrece unha ferramenta para favorecer a socialización de nenos e nenas en valores igualitarios.

Entre os obxectivos do obradoiro destacan previr a aparición de condutas asociadas á violencia de xénero entre a poboación infantil, así como transmitir valores asociados á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na poboación, ao tempo que fomenta hábitos de lectura entre a poboación xuvenil. Todo elo involucrando ás familias nun proceso de socialización baseado en valores co-educativos.

O obradoiro, de 13 horas de duración, terá lugar durante os meses de outubro e novembro no terceiro andar da casa da cultura. Para acceder as 20 prazas ofertadas, os interesados poden recoller as bases e presentar as solicitudes dende hoxe ata o 10 de outubro no Departamento de Benestar Social do Concello, situado na Casa da Cultura, planta baixa.