O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Benestar Social, abre o prazo para inscribirse nos cursos de “Estimulación da Memoria” e “Ximnasia de Mantemento" destinado a persoas maiores do Municipio.
O prazo estará aberto dende o día 15 ata o 23 de setembro, os interesados poden recoller as bases e presentar as solicitudes no Departamento de Benestar Social do Concello, situado na Casa da Cultura, planta baixa.