Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Consellería de Igualdade de Gondomar oferta cursos de formación on-line

A Consellería de Igualdade de Gondomar oferta cursos de formación on-line

Correo-e Imprimir PDF
mujer_con_pc

O Centro de Información a Muller da Concelleria de Igualdade do Concello de Gondomar, dirixida por Patricia Durán, oferta cursos de formación on line gratuitos dirixidos a mulleres empregadas e desempregadas. O periodo de inscrición remata o vindeiro 26 de agosto e pode realizarse na Casa da Cultura de Gondomar.

Os cursos, baséanse nunha metodoloxía flexible, terán unha duración de 85 horas e diversos contidos; dende a  formación informática con cursos coma o de Windows 7 e Internet, a Creación de páxinas Web e o de  Microsoft Office 2007; a xestión contable con cursos coma o de Contaplus, Nominaplus e Facturaplus; os idiomas co curso de Inglés inicial e Inglés intermedio; e outros coma o de Deseño Gráfico e Deseño Publicitario.

Máis información e inscricións:

Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura de Gondomar

Teléfono: 986 389 355 ou 986 360 224

e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo