Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Uns 350 turistas participaron das rutas culturais organizadas por Turismo de Baiona no mes de xullo.

Uns 350 turistas participaron das rutas culturais organizadas por Turismo de Baiona no mes de xullo.

Correo-e Imprimir PDF
O turismo cultural medra en Baiona.

Turistas madrileños, cataláns e manchegos, xente de Castela e León e por suposto de toda Galicia puideron gozar durante o mes de xuño das visitas guiadas que ofreceu o Concello de Baiona. Entre os destinos que percorreron os visitantes atópanse a Fortaleza do Monterreal , a lonxa baionesa, o casco histórico e os monumentos máis emblemáticos da vila.

Segundo estimacións da concellería de Turismo local, nestas visitas participaron próximo a 350 persoas. A concelleira responsable, María Iglesias, estimou que o 70% dos participantes estaban aloxados en establecementos da vila.

A Concello comunica que estas visitas terán continuidade ao longo do mes de agosto os días martes (fortaleza do Monterreal), xoves (paseo marítimo e lonxa) e sábados (casco histórico da vila e monumentos máis emblemáticos. A esta actividade engádese as visitas ás rutas medioambientais polas parroquias de Baiona, tamén organizadas polo Concello.