Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Aberto o prazo de inscrición para o campamento de baloncesto organizado polo Airexa

Aberto o prazo de inscrición para o campamento de baloncesto organizado polo Airexa

Correo-e Imprimir PDF
airexa

.As actividades celebraranse no Colexio da Marina de Panxón ao longo do mes de xullo de 10 a 14 horas.

O Club de Baloncesto de Nigrán Airexa abre o prazo de inscrición para os seus campamentos urbanos, que se celebrarán ao longo do mes de xullo no Colexio da Marina de Panxón, baixo o lema "Baloncesto-praia e sol"

O campamento está dirixido a nenos de entre 6 e 13 anos, e organízase en tres quendas: do 4 ao 8, do 11 ao 15 e do 18 ao 22 de xullo. O custo do curso é de 35 euros por unha semana, de 55 euros por dous e de 75 euros as tres semanas. Máis información na Oficina de Turismo do Concello de Nigrán, na páxina Web www.airexa.com ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .