Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O Club de Bolos de Camos, terceiro no "XX Campeonato de España Gran Premio Concello de Nigrán"

O Club de Bolos de Camos, terceiro no "XX Campeonato de España Gran Premio Concello de Nigrán"

Correo-e Imprimir PDF
Club de Bolos de Camos
O Centro Cultural Casa da Cultura de Camos acolleu o pasado fin de semana o "XX Campeonato de España de Bolos Celtas" na modalidade por equipos. O primeiro posto foi para o Club de Bolos Xunqueira e o segundo para C.B. San Cibrán (ambos de Gondomar). O terceiro posto quedou en mans do Club de Bolos de Camos. O resultado foi avaliado como " máis que satisfactorio" polo club, tendo en conta que é o primeiro ano que o equipo xoga na categoría reina. A competición contou coa participación de oito equipos procedentes de Asturias, Madrid e Galicia.