Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Baiona celebra este sábado os I Xogos Escolares de Vela

Baiona celebra este sábado os I Xogos Escolares de Vela

Correo-e Imprimir PDF
Catalina-Pamies-medios

- O evento pecha a tempada da Escola Municipal impulsada polo Monte Real Club de Yates e o Concello de Baiona.

- Os equipos de regata de cada colexio navegarán nas modalidades de Optimist y Omega

O Monte Real Club de Yates e o Concello de Baiona, a través da súa Concellería de Deportes, convocan para este sábado 18 de xuño, os I Xogos Escolares de Vela, como fin de tempada da recentemente estreada Escola Municipal de Vela, promovida por ambas as dúas institucións.

Coa participación de case corenta escolares, pertencentes a Institutos de Ensino Secundario de Baiona e a súa área de influencia, tomarán a saída ás 12.00 horas do mediodía no interior da bahía baionesa, celebrando probas técnicas entre aboias, montando un campo de regatas que permita a realización de numerosos encontros entre todos os colexios participantes, navegando todos os seus representantes nas dúas modalidades dispostas, Optimist e Omega.

O sistema de competición será o de flota, con 8 barcos na auga, dous por cada IES, utilizando o sistema de rotación, onde os Optimistas, que navegan en solitario, tamén utilizarán os Omega con 4 tripulantes do seu mesmo Instituto a bordo, alternando o esforzo persoal unitario co traballo en equipo, respectivamente.

Coa firma do protocolo de creación da Escola Municipal de Vela, alicerce executado o 27 de xaneiro deste ano por Rafael Olmedo, Presidente do Monte Real Club de Yates de Baiona e Fillo Adoptivo da Vila, e Jesús Vázquez Almuniña, o seu Alcalde, púñase en marcha un proxecto ansiado por ambas as partes desde hai algún tempo.

Nesta tarefa colaboraron o profesorado dos Institutos de Ensino Secundario de Baiona e a súa contorna, as Asociacións de Pais dos mesmos, e contouse coas subvencións da Concellería de Deportes de Baiona, e a propia do Club de Yates, un primeiro paso que este sábado celebra a súa primeira tempada.