Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Baiona recibe o verán a todo deporte.

Baiona recibe o verán a todo deporte.

Correo-e Imprimir PDF
la-caixa-deporte-baiona

Neste verán do 2011 a Concellaría de Deportes de Baiona, presenta un amplo programa deportivo. Oito campus desenvólvensen ao longo dunha semana,dende o 4 de xullo ata o26 de agosto, en horario de 10.00 h ata as 14.00 h aínda que para facilitarlle aos pais máis marxe horaria establécese xa desde as 9.00 h o horario de recepción dos alumnos. Nesas datas contarase coa contaremos coa presenza de deportistas, técnicos de primeiro nivel nas distintas modalidades deportivas que desde unha óptica divertida transmitirán aos presentes as súas experiencias e realizan xogos e tarefas cos distintos alumnos.

O custe é de 165€ por todos os campus de cada mes (Xullo; Balonmán, Tenis, Deportes de Combate e Baloncesto e Agosto; Futbol, F-sala, Multideporte e Ximnasia Rítmica) ou de 300€ polos meses de xullo e Agosto realizando así a totalidade dos mesmos (oito campus). Tamén poderase realizar os campus que cada un seleccione individualmente pagando só a modalidade que prefira.

A oferta deportiva dos Campus está deseñada entre todos os clubs deportivos locais :Erizana CF, Club Baloncesto Baiona, Club Balonmán Baiona, Club de Loita Sabaris, Club de Tenis Baiona e Baitra F. Sala, Escolas Municipais de Rítmica e Multideporte.

A concellería de Deportes informa que en todos os Campus deportivos os asistentes recibirán un equipamento deportivo así como un tenche en pé a media mañá para repor forzas.

As datas e os distintos campus programados son:

Balonmán >> 4-ao 8 xullo.

Tenis >> 11 ao 15 xullo.

Deportes de Combate >> 18 ao 22 xullo.

Baloncesto >> 25 ao 29 xullo.

Fútbol >> 1 ao 5 Agosto.

Fútbol sala >> 8 ao 12 Agosto.

Multideporte >> 15 ao 19 Agosto.

Ximnasia Rítmica>> 22 ao 26 Agosto.

O prazo de inscrición está aberto e para formular matricúlalas os interesados deberán entregar o formulario de inscrición cuberto no Pavillón Municipal en horario de 9.00 a 14.00 , tamén se dispón de teléfono de información T: 986.356.558 ou a través do e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo