Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Comezan os traballos de organización das alfombras florais do Corpus de Gondomar

Comezan os traballos de organización das alfombras florais do Corpus de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
alfombras

• As reunións de traballo son tódolos días, desde ás 17.00 horas, na carpa instalada pola Concellería de Cultura na Praza da Alameda. O Concello anima a todos os veciños a participar.

• A confección das alfombras será o sábado 25 de xuño. A xornada completarase co I Maratón de Fotografía e o concerto de fin de curso da Orquestra do Conservatorio de Gondomar.

O grupo de veciños de Gondomar que elaborarán as alfombras florais do Corpus deste ano reuniranse hoxe por primeira vez para comezar a traballar na organización dos tapetes deste ano. As reunións de traballo, abertas a todos os veciños interesados en participar, serán tódolos días a partires das 17.00 horas na carpa instalada pola Concellería de Cultura na Praza da Alameda.

As alfombras do Corpus de Gondomar serán na noite do sábado 25 ao domingo 26 de xuño. Como cada ano, as principais rúas e emprazamentos destacados do Concello cubriranse cun manto de flores, que na mañá do domingo serán testemuñas da procesión.

Música e Maratón de fotografía

A celebración da noite do Corpus se complementará coa música en directo da Orquestra do Conservatorio Municipal de Gondomar, que ofrecerá o seu concerto de fin de curso desde as 21.00 na praza do Concello.

A maiores, e como novidade neste ano, o mesmo sábado terá lugar o I Maratón de Fotografía de Gondomar, no marco da programación dos II Encontros de Fotografía Dixital de Gondomar. Os participantes na maratón recibirán unha clase mestra do fotógrafo Pepe Grobas Montenegro, e contarán co seu apoio para superar a proba plantexada por Cultura: retratar todo o proceso de elaboración das alfombras. Os interesados en participar deberán inscribirse no Departamento de Cultura, Casa da Cultura, porta 5. Máis información no 986 363 913 e no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo