Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Desexos de Feliz Nadal e Ano Novo dende Uruguai.

Desexos de Feliz Nadal e Ano Novo dende Uruguai.

Correo-e Imprimir PDF
tarjeta-navidad

A Unión Hijos de Morgadanes achega os seus saúdos dende Uruguai a tódolos miñoráns e especialmente a parroquia de Morgadáns, onde ten as súas raíces. Fundada a inicios do século XX en Montevideo, esta organización abeirou aos fillos de Galicia que ían arribando ao Río de la Plata e ao mesmo tempo iniciou múltiples campañas de solidariedade nos duros tempos do país.

Testemuñas daquela son o edificio da Escola de Guillufe (Morgadáns) ou a película "Nuestras fiestas de allá" rodada en 1928 por José Gil e financiada pola devandita asociación. Actualmente a Unión Hijos de Morgadanes é presidida por Roberto Pérez e integra a Unión de Sociedades Gallegas del Uruguay, que congrega as doce institucións de emigrantes afincadas na República Oriental del Uruguay