Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A OMIX anima aos mozos de Gondomar a participar no programa “Invernízate con Nós”

A OMIX anima aos mozos de Gondomar a participar no programa “Invernízate con Nós”

Correo-e Imprimir PDF
banner_invernizate

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar (OMIX) informa á xente nova de Gondomar que xa está aberto o prazo de inscrición para o programa “Invernízate con Nós”, unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

 

A través deste programa , os mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, poderán gozar dunha completa fin de semana de actividades de lecer e tempo libre no albergue xuvenil de Gandarío, en A Coruña. O programa inclúe aloxamento no albergue de venres a sábado e manutención completa. Entre as actividades nas que poderán participar os inscritos, destacan o tiro ao arco, corda tirolesa, iniciación ao rappel, orientación, dinámica de grupos, xogos tradicionais, rutas de senderismo, obradoiros de recoñecementos fotográfico ou obradoiros de construcións, entre outras.

 

O prezo da actividade é de 75 euros, e de 56,25 para os posuidores do Carné Xove. A Concellería de Xuventude pagará ó traslado aos grupos de 15 ou máis persoas. A inscrición pode formalizarse ata o 30 de decembro.

 

Máis información na OMIX de Gondomar, na Casa da Cultura, ou ben no teléfono 986 369 746.