Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Reapertura da Vella Estación de Tranvías A Ramallosa

Reapertura da Vella Estación de Tranvías A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

O Centro da Terceira Idade de A Ramallosa (Nigrán) abriu de novo as súas portas cunha nova concesionaria ao fronte. O anuncio foi realizado polo Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Servizos Sociais e Cultura de Nigrán, Juan González Pérez.

A antiga Estación de Tranvías de A Ramallosa retomará as actividades dirixidas ás persoas maiores de Nigrán que levan funcionando dende febreiro e rematarán en decembro como son “Vivir o corpo. Ximnasia para maiores”, “ActivaMente, Taller de Estimulación de memoria, mantemento”, nos seus catro niveis e “Musicoterapia: Taller de Animación Musical”.

Por outra banda, o concello nigranense anuncia a posta en marcha de novas actividades para maiores como os Cursos de Iniciación á Informática e Internet, viaxes lúdico-culturais (o próximo venres ás Terras de Caldas e Moraña), e audicións de música clásica.

Asemade o Club de xadrez “Laroca” de Nigrán utilizará dende este mes de novembro durante dous días a semana as instalacións do centro para as clases dos seus alumnos e alumnas, entre os que destaca Mireya Represa Pérez, campiona de España Benxamín e que utilizará estas instalacións municipais para a súa preparación de cara aos campionatos europeo e mundial.

O Centro da 3ª Idade xa busca amigos en Internet a través do seu perfil en Facebook, “Mackin Station”