O próximo día 5 de xullo a partir das 19.30 horas no Centro de Negocios de Porto do Molle, a Asociación de Empresarios do Val Miñor, OVALMI, organizará o I Reunión de Negocios. Unha iniciativa gratuíta dirixida a profesionais e empresarios membros da Asociación para fomentar o coñecemento persoal entre os asociados e dos servizos ou produtos que comercializan e estreitar relacións entre eles.
A súa finalidade é aumentar a súa rede de contactos e as posibilidades de negocio con clientes potenciais e/ou colaboradores, e de intercambiar experiencias profesionais, ofrecendo un valor engadido aos asociados de OVALMI.
Teléfono de contacto para máis información, asociarse ou inscribirse (ata o 30 de xuño): 986.36.67.30