Continua aberto o prazo de inscrición nos cursos gratuítos de “Acompañante de transporte escolar” e “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios”.
Os curso están organizados pola Concellería de Turismo, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Nigrán a través da OMIX e a Deputación de Pontevedra no marco de Programa Actívate 2015.
Están destinados prioritariamente a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos empadroados en Nigrán inda que poderán participar persoas que non cumpran o requisito de idade ou empadroadas noutros concellos no caso de que a totalidade das prazas non fose cuberta. Os cursos son de balde.
As inscricións realizaranse ata o 10 de setembro no rexistro do Concello. Os cursos impartiranse nos meses de outubro e novembro.
Documentación: as persoas interesadas deberán cubrir a correspondente solicitude e adxuntar unha fotocopia do DNI.
Máis información na OMIX, Estrada pola Vía nº 65, Panxón Nigrán, Tlf: 986 383081 correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo