Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Concello de #Gondomar reduce a súa facturación eléctrica case un 20%, en 2013

O Concello de #Gondomar reduce a súa facturación eléctrica case un 20%, en 2013

Correo-e Imprimir PDF

- A redución foi cuantificada en 89.615 euros. A administración local sinala que no 2012 o Concello de Gondomar pagou a Fenosa 453.502 € e no 2013, 363.887 €
En concreto, no pasado ano 2013 aforráronse 41.695 euros, un 15,3%, nas subministracións de último recurso (menos de 10 KW) e 47.920 euros, un 26,6%, nas subministracións de mercado libre (máis de 10 KW), segundo a Concellaría de Servizos local.

Agregan que deste aforro conseguiuse "a pesar de aumentar as subministracións eléctricas municipais dende 2011, algúns deles cun consumo significativo (gardaría municipal, a iluminación no barrio Fontán, iluminación da Urbanización San Benito, bombeo de Peitieiros, bombeo de Cruceiro- Donas...) o que supón un esforzo aínda maior".
O concelleiro de Servicios, Juan Carlos González Camesella, afirma que "este aforro é o froito do traballo na xestión de das subministracións eléctricas municipais", e engade que "foi posible grazas a actuacións como pasar a facturación das subministracións de máis de 10 KW a mercado libre e o gran traballo dos electricistas municipais nos axustes e redución de potencias".