Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A Deputación de Pontevedra abre convocatoria para 28 bolsas de práctica laboral en oficinas de turismo #Emprego

A Deputación de Pontevedra abre convocatoria para 28 bolsas de práctica laboral en oficinas de turismo #Emprego

Correo-e Imprimir PDF
ofi turismo baiona

-As Oficinas de Turismo de Baiona e Nigrán acollerán un bolseiro durante 6 meses. As bolsas destinadas a Gondomar e Oia serán terán unha duración de 3 meses.
-Os bolseiros seleccionados contarán cunha remuneración mensual de 800 ou 700 euros segundo a súa titulación e suxeitas "ás retencións que procedan" .


A Deputación de Pontevedra publicou as bases da convocatoria para 28 bolsas de práctica laboral destinadas a diplomados , graduados e técnicos de Turismo. Os postulantes seleccionados serán destinados ás oficinas municipais de turismo da provincia, co obxectivo de "promover e completar a súa formación", segundo o texto das bases da convocatoria publicadas no BOP.
A convocatoria beneficiará a 12 concellos cun bolseiro por 6 meses. Nesta categoría atópanse Baiona e Nigrán. Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía de Arousa completan esta categoría.
Gondomar e Oia, atópanse no destino de bolseiros cun contrato de 3 meses de duración. No mesmo réxime atópanse os concellos da Illa de Arousa, Bueu, Cuntis, Caldas de Rei, A Estrada, Marín, Poio, Pontecaldelas, Soutomaior e Vilanova de Arousa.
As bases da convocatoria están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 27 de febreiro de 2014.