Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía #Emprego: A Deputación convoca 25 bolsas de práctica laboral para persoas con discapacidade

#Emprego: A Deputación convoca 25 bolsas de práctica laboral para persoas con discapacidade

Correo-e Imprimir PDF
pontevedradiputacion 430

-Irán destinadas a titulados universitarios ou de Formación Profesional sen experiencia na titulación para a cal se formaron
Segundo o anunciado este luns pola Deputación de Pontevedra, poderán beneficiarse destas bolsas de práctica laboral as persoas cunha discapacidade igual ou superior ó 33%, con titulación universitaria ou de Formación Profesional e que rematasen os estudos obxecto da bolsa con posterioridade ó 1 de xaneiro do ano 2000. Así mesmo, requírese que non teñan experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos para a cal se formaron e na que van realizar as prácticas laborais.


As bolsas, ó igual que as convocadas nos dous plans de práctica laboral anteriores, terán unha duración de seis meses, prorrogables por outros seis, e serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, subliñou que, despois das 1.000 bolsas postas en marcha ó longo do pasado ano para outros tantos titulados, era preciso, co fin de afondar na igualdade, poñer en marcha unha medida centrada especificamente nas persoas con discapacidade.