Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía EQUO reclama á UE unha lexislación vinculante que recoñeza a auga como dereito

EQUO reclama á UE unha lexislación vinculante que recoñeza a auga como dereito

Correo-e Imprimir PDF
Foto EQUO - Comisión Europea

Tras a presentación onte na Comisión Europea e o Parlamento Europeo da Iniciativa Cidadá Europea (ICE) polo dereito ao auga como ben público, a chamada "Right2Water”, EQUO reclamou ás institucións europeas que teñan en conta esta proposta e poñan en marcha unha lexislación vinculante sobre este asunto.

 

Para EQUO é moi significativo que a primeira iniciativa destas características sexa sobre a auga e que conseguise solicitar o apoio de 1,9 millóns de firmas en oito meses en toda a UE, o que nos dá unha idea da importancia do tema e da preocupación da cidadanía que non dubidou en mobilizarse para conseguir as firmas.

Esta iniciativa esixe aos gobernos da UE que garantan e proporcionen a todos os cidadáns servizos de auga potable e saneamento convenientes. Ademais ínstase a que o abastecemento da auga e a xestión de recursos hídricos non se rexan por “as normas do mercado interior” e que se exclúan do ámbito da liberalización. Ademais, pídese á que UE redobre esforzos para lograr o acceso universal á auga e o saneamento.

Consultar a iniciativa en http://www.right2water.eu