Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Centro Neural de Gondomar acollerá unha xornada sobre a promoción do comercio en internet

O Centro Neural de Gondomar acollerá unha xornada sobre a promoción do comercio en internet

Correo-e Imprimir PDF

-Será o próximo 29 de outubro (martes) de 17.00 a 21.00 horas
-O curso é gratuíto previa inscrición. Os interesados deberán poñerse en contacto coa oficina en Gondomar, chamando ao número 986 369 900 ou ben no correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

A Antena Cameral do municipio da Cámara de comercio en colaboración coa Concellaría de Comercio do Concello de Gondomar organiza a xornada "Cómo promover o comercio en internet", que correrá a cargo de Álvaro Gómez Vieites.
O curso, organizado no marco do Programa Europeo Antenas Camerales (cofinanciado polo Fondo Social Europeo), abordará temas como a situación do comercio electrónico en España e no mundo, as posibilidades que ofrece o comercio electrónico a unha PEME, a promoción on-line mediante a publicidade dixital, os e-commerce ou o auxe do showrooming, entre outros, ademais de estudar algúns casos de éxito.
A cita terá lugar no Centro Neural o próximo 29 de outubro (martes) de 17.00 a 21.00 horas. As prazas para asistir son limitadas (20) e outorgaranse por orde de inscrición. A asistencia é gratuíta.
Os interesados/as en participar deberán poñerse en contacto coa oficina en Gondomar, chamando ao número 986 369 900 ou ben no correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo