Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Socialistas de Nigrán contra a persecución fiscal aos emigrantes retornados.

Socialistas de Nigrán contra a persecución fiscal aos emigrantes retornados.

Correo-e Imprimir PDF

 O Partido Socialista de Nigrán presentará  unha moción ao Pleno ordinario do mes de outubro para que a corporación de Nigrán transmita ao Goberno de España “a inxustiza que se está a cometer cos emigrantes, moitos no Val Miñor e en Nigrán”. Na mesma solicitan que sexan eximidos das sancións que están a impor dende o goberno do estado “cun único afán recaudatorio”.

O PSOE pretende que o goberno de Rajoy a través da Axencia Estatal da Administración Tributaria teña en conta as actuais circunstancias de recesión económica, os “altos” niveis de desemprego e “o empobrecemento das familias, moitas das cales hoxe dependen, para a súa supervivencia, dos ingresos mensuais destes pensionistas nos seus fogares”.

Os pensionistas non son “defraudadores fiscais”.

Por iso solicitarán en primeiro lugar que os pensionistas non sexan considerados “defraudadores fiscais”, á vez que Facenda os informe “ pormenorizada, individualizada e homoxénea das súas obrigas fiscais”.

Máis prazo

O segundo punto do acordo solicita habilitar, para o caso de que teñan que afrontar pagos polas súas declaracións complementarias, períodos de pagamento máis longos que os estipulados habitualmente, ”en aras de evitar un quebranto económico nas unidades familiares destes pensionistas”.

A moción sinala a necesidade de eximir do pago de sancións sobre as percepcións anteriores a decembro de 2012.  A revisión dos convenios marco con outros países para evitar que situacións deste tipo poidan volver a repetirse no futuro.  E finalmente que se teñan en conta “todos os criterios anteriores para estimar os recursos que se presenten ante as sancións xa comunicadas”.