Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Concello de Nigrán ofrece dous cursos para desempregados.

O Concello de Nigrán ofrece dous cursos para desempregados.

Correo-e Imprimir PDF

-O Concello de Nigrán ofrece un curso de hixiene e atención sanitaria domiciliaria e outro de ofimática.

No primeiro, cunha duración de 80 horas, o alumnado aprenderá a identificar as principais características e necesidades da atención hixiénico-sanitaria das persoas dependentes a domicilio, así como á correcta administración de alimentos e tratamentos e a mellorar as capacidades físicas e de primeiros auxilios.
Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), desenvolverase entre o 4 de novembro e o 11 de decembro, de luns a venres, en horario de 17.00 a 20.00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 14 e o 25 de outubro, cun total de 20 prazas.
O curso de ofimática terá unha duración de 50 horas, e está dirixido prioritariamente a persoas desempregadas e empadroadas en Nigrán que queiran adquirir coñecementos nesta área, de tanta importancia actualmente para mellorar o perfil profesional de cara á procura de emprego.
Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal, desenvolverase entre o 4 de novembro e o 13 de decembro, os luns, mércores e venres, en horario de 10.00 a 13.00 horas, estando aberto o prazo de inscrición do 14 ao 25 de outubro, cun total de 15 prazas.
As persoas interesadas en participar en calquera destes dous cursos deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará á súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena e na páxina Web municipal www.nigran.org.
Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena Municipal, no 986 366 572, ou formular as súas preguntas a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .