Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía De tapas por Gondomar

De tapas por Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
tapas del conde2edit

-A Comisión de Hostaleiros de Gondomar, en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Concellaría de Turismo do Concello, organiza para os días 16, 17 e 18 de agosto, Las Tapas del Conde

- Trece establecementos de Gondomar participan no evento que recoñecerá á mellor tapa cun premio outorgado polo Conde de Gondomar

Gondomar acollerá, os días 16, 17 e 18 de agosto, ” Las tapas del Conde”; tres xornadas gastronómicas organizadas pola Comisión de Hostaleiros de Gondomar en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Concellaría de Turismo do Concello de Gondomar.

Durante as tres xornadas, os asistentes poderán gozar de multitude de variedades de tapas: tapa campesiña, tortilla de acelgas, bocado Caralludo, entre outras; en trece establecementos de Gondomar. O prezo por tapa será de dous euros.

A mellor tapa será recoñecida cun premio outorgado polo actual Conde de Gondomar.

Las tapas del Conde é, tras a I Festa da Empanada celebrada no municipio no pasado mes de maio, a segunda das iniciativas posta en marcha pola Comisión de Hostaleiros de Gondomar coa colaboración de OVALMI e o Concello de Gondomar co obxectivo de dar a coñecer a gastronomía do lugar.