Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía ANOVA denuncia a parálise de 170 proxectos no rural miñorano e contorna por mor da lentitude da AGADER.

ANOVA denuncia a parálise de 170 proxectos no rural miñorano e contorna por mor da lentitude da AGADER.

Correo-e Imprimir PDF
rural morto

ANOVA denuncia a parálise de 170 proxectos de desenvolvemento rural que atinxen ás bisbarras do Baixo Miño, Val Miñor, Vigo, Redondela, Mos, O Porriño, Fornelos de Montes, Pazos de Borben e Soutomaior. Os mesmos están pendentes de tramitar pola AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) para a súa admisión nos fondos europeos do Plan Leader 2007/2013, a rematar a finais de ano. O concelleiro Antonio Araúxo (ANOVA-Gondomar), denuncia que a "gravidade de semellante desleixo do Goberno do PP, radica en que moitos destes proxectos son de carácter produtivo, e polo tanto con capacidade para crear postos de traballo".

Nese senso os nacionalistas presentaron este mércores un escrito urxente á Xunta de Galicia na que consultan que medidas pensa tomar o goberno galego "para resolver a parálise que se está a dar nas concesións das axudas do Plan Leader 2013 de xeito que se poda dar resposta a todos os proxectos presentados".
Segundo informa Araúxo, tan só un 40% dos expedientes presentados polos 31 Grupos de Desenvolvemento Rural galegos foron resoltos á fecha. Boa parte dos expedientes amoreados na AGADER, son de natureza produtiva, "coa conseguinte creación de riqueza e postos de traballo", engade o concelleiro.