Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Curso de empaquetado creativo en Baiona.

Curso de empaquetado creativo en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
navidad-envuelva-sus-regalos-en-otros-regalos

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Baiona, organiza un obradoiro de Empaquetado Creativo para mozos e mozas empadroados en Baiona de 8 horas de duración.

 

A actividade terá lugar os días 22, 26, 29 de abril e 3 de maio de 2013 en horario de 18 a 20 h. no Centro Multiusos Ángel Bedriñana (Praza de Abastos) de Baiona, e terán preferencia os mozos e mozas ata 35 anos. As persoas que superen a idade ou procedentes doutros concellos poderán formar parte da lista de agarda.

Prezo: 5 €, e para os titulares do Carné Xove 2,5 €

Solicitudes ata o 19 de abril de 2013 ou ata agotar as prazas dispoñibles. Material incluído.

Máis información e inscricións na OMIX (2º andar da casa do Concello), ou no teléfono 986385925.