Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Gondomar coñecerá ao seu primeiro “praceiro ou praceira” favorito este venres

Gondomar coñecerá ao seu primeiro “praceiro ou praceira” favorito este venres

Correo-e Imprimir PDF
praza-abasto-gondomar

-O próximo sorteo será o 3 de maio

-Mañá venres, día 12, ás 13:00 horas, terá lugar o primeiro sorteo da campaña da Dirección Xeral de Comercio de la Xunta de Galicia "Presume de Praceiro/a".

Neste sorteo, que se realizará na Praza de Abastos do Concello de Gondomar, premiarase a tres usuarios do mercado con vales de 75, 50, e 25 euros para comprar na propia Praza de Abastos do municipio.

Segundo informa o Concello, o mellor "praceiro" ou "praceira" de Gondomar sairá do reconto de todos os votos vendo recoñecida a súa profesionalidade e dedicación.

Unha vez realizado o sorteo se procederá ao baleirado da urna dos votos , abríndose outro prazo para un novo sorteo que se realizará o 3 de maio e que contará con outros tres novos premios.

A campaña forma parte dunha estratexia da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia para potenciar as prazas de abastos locais.