Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Concello de Gondomar oferta 5 bolsas de prácticas laborais para titulados universitarios

O Concello de Gondomar oferta 5 bolsas de prácticas laborais para titulados universitarios

Correo-e Imprimir PDF
concello gondomar

-O prazo de solicitude remata o vindeiro 25 de xaneiro

 

O Concello de Gondomar informa que o vindeiro venres día 25 remata o prazo para solicitar unha bolsa de práctica laboral para titulados universitarios.

As prazas ofertadas polo concello son:

- 1 bolsa para graduados en enxeñería informática e licenciados en informática

- 2 bolsas para licenciados en arquitectura e arquitectos técnicos

- 1 bolsa para licenciados e graduados en empresariais

- 1 bolsa para licenciados, graduados e diplomados en biblioteconomía e documentación

Estas axudas están destinadas a titulados universitarios, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.

As instancias deberán dirixirse ao Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no modelo oficial ANEXO II, incluído na convocatoria.

O documento pode descargarse no Boletín Oficial de Pontevedra do día 2 de xaneiro.