Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A Deputación de Pontevedra abre o prazo de inscrición para cinco prazas de titulados universitarios concedidas a Nigrán

A Deputación de Pontevedra abre o prazo de inscrición para cinco prazas de titulados universitarios concedidas a Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

A Deputación de Pontevedra acaba de abrir, mediante publicación no Boletín Oficial da Provincia o prazo de inscrición para optar á unha das cinco prazas para titulados universitarios que concedeu ao Concello de Nigrán, en función da convocatoria aberta no mes de novembro de 2012.

 

Estas bolsas, cunha duración inicial de seis meses que podería prorrogarse por seis meses máis en función de distintos criterios, están dirixidas a titulados universitarios menores de 31 anos que cumpran os requisitos establecidos na orde de convocatoria e que posúan as titulacións de Relacións Laborais (unha praza), Dereito (dúas prazas) e Ciencias Económicas e/ou Empresariais (dúas prazas).

Os interesados deberán remitir a correspondente solicitude oficial xunto co resto de documentación establecida na convocatoria, á Deputación de Pontevedra, sendo este organismo o encargado de realizar o proceso de selección deste persoal, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden consultar a publicación do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do día 02/01/13, a páxina web da Deputación de Pontevedra ou contactar co Concello de Nigrán no Departamento de Emprego no teléfono 986 365000, extensión 4.