Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Rematan con éxito as recollidas de alimentos organizadas pola Asociación Cultural S. Vicente de Mañufe e a Peña moteira Os Rillasepas

Rematan con éxito as recollidas de alimentos organizadas pola Asociación Cultural S. Vicente de Mañufe e a Peña moteira Os Rillasepas

Correo-e Imprimir PDF
Recollida-alimentos

-Todos os alimentos foron recollidos pola concelleira de Benestar Social de Gondomar, Patricia Durán e outros membros do goberno municipal.

 

Os malos tempos que corren levaron á Asociación Cultural S.Vicente de Mañufe e á Pena moteira Os Rillasepas a organizar, respectivamente, os pasados días 25 e 23 de decembro unha recollida de alimentos para repartilos entre ás familias sen recursos de Gondomar.

A Peña moteira Os Rillasepas organizaron o día 23 a 5ª Ruta moteira de Papanoeles 2012 para colaborar con este fin. A cita foi todo un éxito xa que a asistencia, estimada nun principio en 200 persoas, duplicouse chegando case 400 participantes. Mentres, a Asociación Cultural S. Vicente de Mañufe recolleu no Centro Cultural ás doazóns de produtos non perecedoiros ate ou día 25.