Ambas as dúas competicións contarán con seleccións e equipos de Galicia, Arxentina, Uruguai, España e Portugal.
As diferentes fases xogaranse de forma rotatoria entre as canchas de Gondomar, Baiona e Nigrán
A Comarca do Val Miñor será escenario esta fin de semana e a próxima do Campionato Intercontinental de Bolos Celta e o Mundial. Os alcaldes dos tres municipios e o presidente da Federación Galega de Bolos, Isidro Costas, presentaron hoxe no Auditorio Municipal de Nigrán sendos eventos, que reunirán a máis de cen xogadores de equipos e seleccións de Arxentina, Uruguai, España, Galicia.
O Campionato Intercontinental
O Campionato Intercontinental xogarase os días 18 e 19 de xuño nos campos de As Cercas (Gondomar), Lourido (Nigrán) e A Ribeira (Baiona), nestes dous últimos municipios instalaronse canchas para a ocasión. O evento reunirá a 140 xogadores de 35 equipos de Galicia, Bos Aires, Montevideo, Portugal e Asturias. Trátase da oitava edición, sendo a cuarta ocasión na que o Val Miñor é o escenario (as outras foi en Bos Aires e Uruguay, onde os emigrantes galegos levaron a tradición dos bolos). Así, arranca mañá sábado dende as 09:00 h ata as 13:30h e dende as 16:30 h ata as 21:00 h, que terán lugar as fases de clasificación do torneo nos campos de A Palma de Baiona, Praia América de Nigrán e as Cercas de Gondomar. O domingo dia 19 dende as 09:00 h ata as 13:30 h finais do campionato de equipos nos campos de A Palma de Baiona, Praia América de Nigrán e As Cercas de Gondomar. Ás 14:00 h será a entrega de trofeos e a comida de confarternidade nas instalacions de xogo do Club Bolos Camos en Barreiros S/N (Camos)
Campionato Mundial
Por outra banda, O Campionato do Mundo xogarase os días 24, 25 e 26 de xuño nos campos de Praia América (Nigrán), As Cercas (Gondomar), e A Ribeira (Baiona). Participarán seleccións de Galicia, Arxentina, Uruguai, Asturias... En total reunirá a 48 xogadores. Este comenzará o venres día 24 ás 16:30 h ata as 21:00 h que se xogarán as fases clasificatorias dos campionatos nos campos de A Palma de Baiona, Praia América de Nigrán e as Cercas de Gondomar. O sábado día 25 de xuño será dende as 09:00 h ata as 13:00 h as finais do campionato de parellas nos campos de A Palma de Baiona, Praia América de Nigrán e as Cercas de Gondomar. Dende as 16:000 h ata as 21:00 h finais do campionato individual nos campos de A Palma de Baiona, Praia América de Nigran e As Cercas de Gondomar. O domingo 26 de xuño dende as 9.30 horas ata as 13.00 horas finais do campionato de equipos nos campos de A Palma de Baiona, Praia América de Nigran e As Cercas de Gondomar. Ás 14:00 horas entrega de trofeos e comida de confarternidade nas instalacións de xogo do Club Bolos Camos.
"Queremos que estos eventos contribúan a arraigar esta tradición que, desgraciadamente, estase a perder. Cada vez se xogan menos modalidades en Galicia", referiu o presidente da Federación, Isidro Costas, na presentación. Pola súa banda, Juan González, alcalde de Nigrán e presidente da Mancomunidade, incidiu no apoio á promoción e difusión deste deporte "como parte da nosa cultura". Precisamente, semanas atrás se inaugurou un xogo de bolos no IES Val Miñor feito dende o Concello.
Os bolos celta son un deporte ancestral que se retrotrae a Idade de Pedra e do que hai testemuña en todo o mundo, polo que a teoría de que provén dos celtas está actualmente descartada. No Val Miñor practícase especialmente, levando os propios emigrantes este xogo popular a países como Uruguay e Arxentina.